Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 21 de novembro

10.00 h
No Salón Verde, reunión da Xunta Local de Seguridade, copresidida polo alcalde compostelán, Ángel Currás, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán Castro (SÓ GRÁFICOS). Haberá declaracións ao remate. Duración aproximada: 1 hora.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Urbanismo, María Pardo, e de Barrios, Vías e Obras, Juan de la Fuente, sobre asuntos das súas áreas.

11.00 h
Na Asociación de Empresarios de Santiago (Polígono Industrial do Tambre. Via Edison, 1), ROLDA DE PRENSA de presentación da acción solidaria: "Súmate ao noso reto por Santiago. Por cada quilo de comida que se done, Intercun donará outro quilo de carne de coello". Asisten: Paula Prado, concelleira de Benestar Social, e José Pita Chendo, presidente do Banco de Alimentos de Santiago de Compostela.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Sionlla, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á posta en servizo do parque empresarial. Asisten o presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en funcións, Agustín Hernández.
Programa:
- descubrimento de placa conmemorativa
- explicación técnica a cargo do director da obra
- intervencións do conselleiro, alcalde e presidente da Xunta.
Hora de remate aproximada: 12.45 h.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director de Cineuropa, José Luis Losa; Margarita Ledo, directora de 'A cicatriz branca' e outros membros do equipo do filme para falar da película que se presenta pola tarde, ás 20.00h, no Teatro Principal.

13.30 h
No Polígono de Costa Vella, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á apertura do novo supermercado de Mercadona, acompañado por varios concelleiros.

18.30 h
No parque de Vista Alegre, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración do curso académico 2012-2013 da Escola de Altos Estudos Musicais.

20.00 h
Na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás; a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e o comisario da exposición, Juan Conde Roa; inauguran a exposición 'Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago'.

20.00 h
Na Cidade da Cultura, os concelleiros de Educación, Rebeca Domínguez, e de Xuventude, Adrián Varela, asisten ao certame XuventudeCrea 2012.

Cineuropa
Teatro Principal
18.00 The Deep Blue Sea Sección Oficial
20.00 A cicatriz branca coa presencia da directora e equipo da película
Sección Oficial
22.30 Tabú Sección Oficial
Salón Teatro
17.00 La mirada del pintor Cineuropa Docs
17.45 Fragmentos de Brand Audiovisual Galego
20.00 La araña vampiro Buenos Aires Connection
21.45 When day breaks (Kad swane dan) Sección Oficial
CGAC
17.45 DER ANGRIFF DER GEGENWART AUF DIE ÜBRIGE ZEIT (O ASALTO DO PRESENTE SOBRE O RESTO DO TEMPO) Retrospectiva Alexander Kluge
19.45 Endless Harmony- The Beach Boys Story Docs Music
21.45 Escuros, roncos e compasados Cineuropa Docs

Compartir: