Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 19 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e da deputada Ana Pontón, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato Galego de Ciclocross.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar as actividades de promoción gastronómica das cidades patrimonio en Madrid e Barcelona. Tamén estará o cociñeiro Kike Piñeiro, Premio Nacional de Gastronomía; e José Vascuas, de Queserías del Ulla. Haberá unha pequena mostra da receta que representará a Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Familia, Paula Prado, para presentar os actos con motivo do Día Internacional do Neno.

19.30 h
No Museo das Peregrinacións, presentación do libro "La ciudad donde las piedras florecen", de José Antonio Díaz Peromingo.

Teatro Principal
18.00 The Deep Blue Sea Sección Oficial
20.00 Io e te Sección Oficial
22.00 Beasts of the Southern Wild Panorama Internacional
23.45 Tabú Sección Oficial
Salón Teatro
17.00 Papirosen Buenos Aires Connection
18.30 Gran Casino Cult Movies
20.15 Educación física Buenos Aires Connection
22.00: Nosotros Cineuropa Docs

Compartir: