Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 23 de outubro

9.30 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura o Encontro Nacional de Xestores de Patrimonio Mundial 2012, xunto coa subdirectora xeral adxunta de Protección do Patrimonio Histórico do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Esther Rodríguez; e o conselleiro de Educación e Cultura en funcións, Jesús Vázquez.

10.00 h a 14.00 h e 16.00 h a 20.00 h
Na praza de Praterías, Xornada de portas abertas do Museo das Peregrinacións e
de Santiago, con motivo do XXV aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Acceso gratuíto.

10.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asina varios convenios de colaboración coas entidades Fonte da Virxe, Down Compostela, Aspas, Acem, San Vicente de Paúl, Don Bosco, Sarela, Fundación Andrea, TP Galicia e Cruz Vermella. Declaracións ao inicio.

11.30 h
No Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza das Praterías), o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a exposición "Memoria de Peregrinación. Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar as Xornadas do Día mundial do Judo.

18.30 h
No Museo das Peregrinacións e de Santiago, mesa redonda cos membros do Comité internacional de Expertos do Camiño de Santiago e proxección do filme "Chemin de Compostelle", con motivo do XXV aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo

20.30 h
No Teatro Principal, inaugúranse as Xornadas de Música Contemporánea con 'Opening' co Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo. Diego Ventoso, percusión.

21.00 h
No salón teatro, proxección do filme "The Way", con motivo do XXV aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.

Compartir: