Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 19 de outubro

11.00 h
Na estación de Autobuses (porta principal), a concelleira de Benestar Social e Muller, Paula Prado, e o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez, participan nos actos con motivo do Día internacional contra o cancro de mama.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Emprego, Paula Prado, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, para presentar os actos conmemorativos do XXV aniversario da declaración polo Consello de Europa do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.

15.30 h
No CGAC, a concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, asiste á inauguración das 1as Xornadas sobre Blogs de Moda e Comercio Electrónico.

18.30, 20.00 e 22.00 h
No Teatro Principal, proxeccións do Festival Internacional de Cinema Euroárabe, AMAL.

20.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Fanfarlo dentro do ciclo Compostela Rock. (Ás 20.00h, apertura de portas. Hora aproximada do concerto: 21.15h.)

20.30 h
Na Zona "C", o Colectivo As Churras presenta 'A Triloxía: Clitemnestra' dentro do ciclo Teatro&Danza.

Compartir: