Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 16 de outubro

10.00 h
No Salón Verde, constitución do grupo de traballo sobre a estación intermodal de Santiago. Asisten: o alcalde compostelán, Ángel Currás; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; o secretario de Estado de Infraestruturas, Transportes e Vivenda, Rafael Catalá; e a concelleira de Urbanismo, María Pardo. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate no Salón Vermello.

11.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Circular), ROLDA DE PRENSA de presentación das Xornadas de Música Contemporánea que se celebran do 23 ao 31 de outubro en diferentes lugares de Compostela. Asisten o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; o director do CGAC, Miguel von Hafe; a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; o Vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Contínua da USC, Francisco Durán; e a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón.

12.00 h
A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, asiste á sinatura da acta de recepción da obra das rotondas das Cancelas. Punto de encontro: rotonda de Rodríguez de Viguri con Camiño Francés.

19.30 h
No Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza das Praterías), conferencia de Fernando López Alsina: "A cidade de Santiago nos seus primeiros séculos medievais".

18.30, 20.00, 22.00 e 00.00h.
No Teatro Principal, proxeccións do Festival Internacional de Cine Euroárabe, Amal.

EXPOSICIÓNS
CSCXM O ENSANCHE
Aquaflora Fotografías de Andrés Vilas
17 ao 30 outubro

Compartir: