Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 11 de outubro

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día
PUNTO ÚNICO: Aprobación definitiva da conta xeral do exercicio 2011.

11.00 h
No Cersia, a concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, inaugura as cuartas Xornadas Internacionais de Coaching.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, para presentar as 1as Xornadas de Blogs de Moda e Comercio Electrónico. Asistirá a directora de Marketing do evento, Nuria Rodríguez.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 e 23.00 h
No Teatro Principal, Goyo Jiménez presenta 'Al fin solo' dentro do ciclo Falabaratos.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Diego García e acompañada polo gaiteiro Pablo Devigo.

Compartir: