Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de xaneiro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e do presidente da Asociación Compostelá de Esgrima, Xosé Piñeiro, para presentar o Campionato de Esgrima que se celebrará esta fin de semana na cidade.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, sobre asuntos de carácter local.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación inicial da ordenanza municipal reguladora das terrazas e quioscos de hostalería.
3. Aprobación inicial do regulamento de organización e funcionamento do Consello sectorial de familia, benestar social e igualdade do Concello de Santiago de Compostela.
4. Aprobación inicial da modificación da ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo da Ora e aparcamento de residentes.
5. Aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar.
6. Proposta da Alcaldía relativa á baixa do Concello en diferentes asociacións e entidades.
7. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE para o fomento da estabilización dos investigadores contratados polo complexo universitario de Santiago.
8. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ao novo uso da antiga terminal do aeroporto de Lavacolla.
9. Proposición do grupo municipal do BNG para axilizar a construcción dun túnel baixo a rotonda de Conxo.
10. Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local relativo á delegación de competencias.
11. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
12. Rogos e preguntas.
13. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel con Plamen Velev, violoncello. . Asisten o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Cultura, Ángel Currás.

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro do Atlántico presenta 'E.R. (Algún día traballaremos xuntas)' de Josep M. Benet i Jornet. Con Manuela Varela, María Barcala, Luisa Merelas e Susana Dans. Dirección de Xulio Lago

Compartir: