Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 25 de xaneiro

10.30 h
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, acompañado polos concelleiros María Castelao e Luis Bello, visita as obras de mellora dos lugares de Barciela (10.30 h. Punto de encontro: igrexa de Barciela), Grixoa (11.15 h. Punto de encontro: estrada Grixoa-Ponte Alvar) e Marrozos (11.50 h. Punto de encontro: igrexa de Marrozos). NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá das praza do Obradoiro ás 10.20 h.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e do director de orquestra Paul Daniel.

20.30 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese cos presidentes dos consellos escolares dos gobernos autonómicos.

Compartir: