Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de xaneiro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Albino Vázquez, para presentar o proxecto de modificación da Ordenanza de aparcamento de residentes.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e da deputada Ana Pontón, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

Compartir: