Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 29 de setembro

9.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Mercados Reyes Leis, reúnense cos presidentes das asociacións de gandeiros AGEGA, Enrique Otero, e ASTRAGAL, Jorge Vázquez.

11.00 h
Na Praza Roxa, o concelleiro de Limpeza Viaria e Recollida de Lixo, Juan de la Fuente, participa, xunto co xerente de Zona Galicia de Ecovidrio, Germán Fernández, na presentación da campaña de concienciación para fomentar o reciclado de vidro, organizada por Ecovidrio e a Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Santiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co director xeral de Air Berlin en España, Álvaro Middelmann.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Ángel Currás, sobre asuntos da súa área.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Dar conta da presentación do documento refundido do plan especial de ordenación, mellora medio ambiental e acondicionamento das Brañas de Sar (PE-3R).
3. Dar conta da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM en execución da sentenza anulatoria do polígono 42. Cruceiro da Coruña.
4. Rexeitamento da petición de revisión do acordo de ampliación de usos na parcela número 15 (EDOC) do SUNP-17. Paxonal.
5. Modificación puntual do PXOM na rúa da Estrada, esquina coa travesía da Estrada.
6. Resolución recurso reposición sobre representación en entidades mercantís municipais.
7. Solicitude de compatibilidade dun funcionario.
8. Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal 3.10, taxa pola apertura de establecementos, para o ano 2012.
9. Determinación de festas locais para o ano 2012.
10. Proposta de nomeamento de representante do concello na Sociedade Cursos Internacionais, SA da USC.
11. Proposta da Alcaldía de outorgamento do nome dunha vía a Don Manuel Fraga Iribarne.
12. Proposta de nomeamento de membros de recoñecido prestixio cultural como vogais no Consello Reitor do Auditorio de Galicia.
13. Designación de representantes municipais nos consellos escolares a proposta dos grupos políticos.
14. Dar conta da designación de representantes do grupo municipal do Partido Popular na comisión asesora do casco histórico.
15. Dar conta da designación de representantes do grupo municipal do BNG nos Consellos municipais.
16. Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local polo que se delegan competencias na concelleira de Medio Ambiente.
17. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á redución da lista e tempo de espera de hospitalización no complexo hospitalario universitario durante o período estival.
18. Proposición do grupo municipal do BNG relativa ao Mercado de Gando de Amio.
19. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa a unha educación pública de calidade.
20. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos en contenciosos administrativos.
21. Dar conta de resolución da Alcaldía en materia de delegacións.
22. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
23. Rogos e preguntas.
24. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.00 h
Na sede da Asociación de Hostelería, a Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego organiza a segunda charla do programa Compostela Corresponsable baixo o título "Lexislación vixente nacional e autonómica en materia de conciliación. Vantaxes e bonificacións. Boas prácticas empresariais". Participan: Jaime Cabeza, catedrático de Dereito Laboral da Universidade de Vigo, e Óscar Pereira, director do Hotel Tryp Santiago.

19.30 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

21.00 h
Ciclo de Lied
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao concerto de clausura do XII Ciclo de Lied con Sandrine Piau, soprano, e Roger Vignoles, piano.

Compartir: