Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 27 de setembro

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe os alumnos de intercambio do colexio Manuel Peleteiro, xunto co concelleiro de Educación, Ángel Currás.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás; o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya; o director de Curtocircuíto, Tim Redford; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xosé Víctor Carou; para presentar a sección do festival +Curtocircuíto, que se celebra de setembro a decembro.

12.30 h
Nas oficinas de Incolsa (Rúa do Vilar, 63), a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, e o presidente de Compostela Monumental, José Manuel Bello, presentan a celebración da próxima Feira Medieval de Santiago, acompañados dun representante da empresa organizadora.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
Na Escola Municipal de Música de Santiago, o concelleiro de Educación, Ángel Currás, asiste ao acto de inauguración do curso escolar 2011-2012.

20.30 h
No CSC José Saramago de Vite, proxección do palmarés de Curtocircuíto 2011 dentro de Máis Curtocircuíto.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto do XII Ciclo de Lied con Roger Vignoles, piano e Thomas Bauer, barítono. .

Compartir: