Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 5 de xullo

11.00 h
No Arcebispado, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe unha reprodución do cupón da ONCE dedicado ao 800 Aniversario da Catedral de Santiago.

12.00 h
No Salón Verde da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a secretaria Xeral e do Patrimonio da Xunta de Galicia, Rosa Pedrosa, asinan o protocolo de cesión outorgada polo Concello de Santiago á Xunta do inmoble da antiga escola Raíña Fabiola para a posta en marcha do Centro de Recupración Integral para Mulleres vítimas da violencia de xénero. (SÓ GRÁFICOS).

13.00 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe un grupo de participantes na Escola Municipal de Verán de Inglés.

Compartir: