Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 29 de xullo

11.00 h
En Tarragona, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, preside a Asemblea Ordinaria do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidad de España. Ás 13.00 horas, dará conta en rolda de prensa dos asuntos adoptados.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No IES Rosalía de Castro, o concelleiro de Educación, Ángel Currás, clausura a Escola Municipal de Verán de Ingles.

FESTAS DO APÓSTOLO 2011

VENRES 29
15:00 a 23:00h.
Actividade > I Torneo de Pádel Festas do Apóstolo
Pistas de Pádel de Sar
20:30h.
XXIII Campionato de Chave masculino e V Feminino
Paseo da Ferradura
22:30h.
RAFAEL AMARGO
"AMOR AMARGO"
Praza da Quintana
Venda de entradas 902 43 44 43, www.novacaixagalicia.es
Prezo en escalinata: 15 €, cadeira: 20 €
23:30h.
Espectáculo de luz e son
Praza do Obradoiro
00:00h.
Concerto > LOU REYES Y LOS ASTROS
Paseo dos Leóns

Compartir: