Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 7 de xuño

11.00 h
No Arcebispado, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á xuntanza do Padroado de San Castor e Santa Adelaida.

11.00 h
Na Escola Infantil Municipal de Fontiñas, simulacro de emerxencia a cargo dos Bombeiros de Santiago, dentro do programa municipal de Seguridade e Autoprotección na rede municipal de Escolas Infantís de Compostela.

11.30 h.
Na Casa das Asociacións de Cornes, ROLDA DE PRENSA para presentar "Que ves cando me ves?" Xornadas sobre a visibilidade da muller na produción cultural galega e a reflexión crítica da cidadanía. Na rolda estarán Teófila Noemí Ruíz (coordinadora das xornadas), María Chenut (deseño e xestión do proxecto "Muller Express"), Paula Cabaleiro (comisaria da exposición colectiva de artistas contemporáneas) e Guadalupe Rodríguez, concelleira en funcións de Participación Cidadá (entidade colaboradora).

12.00 h
Na sede do Consello Consultivo de Galicia (rúa da Algalia de Abaixo, 24), o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega da Medalla de Ouro da devandita institución, con motivo do seu XV Aniversario, aos membros integrantes do primeiro Consello Consultivo.

19.00 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (Salgueiriños), o voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, reúnese coas asociacións sociosanitarias da cidade.

NOTA: enviarase o resumo cos acordos adoptados na Xunta de Goberno.

COMPOSTELA MAXICA
10:00 h. UNHA CLASE DE MAXIA NO TEATROPRINCIPAL
Cos magos: Mago Vituco, Mago Cali e Jessica Guloomal.
12:00 h. UNHA CLASE DE MAXIA NO TEATROPRINCIPAL
Cos magos: Mago Vituco, Mago Cali e Jessica Guloomal.
13:00 h. MAXIA NAS PRAZAS
Praza Roxa con Jean Philippe.
13:00 h. MAXIA NAS PRAZAS
Praza do Toural con Kayto.
17:00 h. O CASTELO MÁXICO
Paseo Central da Alameda co Mago Romarís.
18:00 h. O CASTELO MÁXICO
Paseo Central da Alameda con Cayetano Lledó.
19:00 h. O CASTELO MÁXICO
Paseo Central da Alameda co Mago Romarís.
19:00 h. MAXIA NAS PRAZAS
Praza Roxa con Kayto.
19:00 h. MAXIA NAS PRAZAS
Praza do Toural con Jean Philippe.
19:30 h. ACHÉGATE Á MAXIA NO LOCALSOCIOCULTURAL MARANTES
Con Gran Pedrini e O Mago da Boina.
20:00 h. O CASTELO MÁXICO
Paseo Central da Alameda con Cayetano Lledó.

Compartir: