Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de xuño

8.30 h
Estación de tren de Santiago. O ministro de Fomento, José Blanco, supervisa, xunto co alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, o grao de avance e desenvolvemento das obras da liña de Alta Velocidade Ourense-Santiago-A Coruña a bordo dun tren de probas de Adif.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar a Fundación Irene Megías contra a Meninxite (FIMM). Na rolda tamén estarán a directora de Expansión de la FIMM, Elena Moya, e a directora rexional para Galicia, Cristina Regojo. A presentación oficial da fundación terá lugar ás 19.00 h no Centro Social NovaCaixaGalicia (Plaza de Cervantes, 17).

19.30 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o Centro Dramático Galego estrea de 'A ópera dos tres reás' de Bertold Brecht. Kurt Weill (música) Con Luis Tosar, Begoña Santalices, Marcos Orsi, Muriel Sánchez, Mónica de Nut, César Goldi, Alba Messa, Víctor L. Mosqueira, Marta Pazos, Francisco Pérez 'Narf' e Sergio Zearreta. Músicos: Pablo Castaño, Andrew MacNeil, Saúl Puga, David Rodíguez Rial, Adrián Viñas Alonso e Vadzim Yukhnevich. Dirección de Quico Cadaval.
Actos con motivo do Día Europeo da Música
12.00 h
Aula Aberta de nenos e nenas de Música e Movemento
Escola Berenguela
Praza Feixoó
12.35 h
Concerto de Balcóns
Dúo de Violín -piano
Grupo de guitarras
Escola Berenguela
Praza Feixoó

Compartir: