Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 15 de xuño

12.00 h
Na sede do Consello da Cultura Galega, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá en funcións, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.

Xornada de Portas Abertas na Escola Municipal de Música
18.00 h
Sesión de música e movemento para os nenos, nenas e familias das escolas infantís municipais de Conxo, San Roque, Tambre, Tras Parlamento e Fontiñas.

19.00 h
No CSCXM do Ensanche, proxección de 'A Atlántida' (2005) dentro do ciclo Telefilmes do programa Cinemas Dixitais.

Vive o Verán
21.30 h
No CSC da Trisca, OBSERVANDO O CEO. Observando o eclipse total de lúa.

Compartir: