Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 3 de maio

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o XVI Certame de Teatro Intercentros e a apertura prazos de matriculación na Escola Municipal de Música.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.50 h
En Área Central, o concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, visita a exposición "Boas prácticas en atención temperá".
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 12.45 h da Praza do Obradoiro.

17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión asesora do Casco Histórico.

Compartir: