Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 28 de maio

12.00 h
Na Praza Roxa, Xogos Populares organizados polo CSCXM do Ensanche.

17.30 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, a Asociación Galega de Dietistas e Nutricionistas dará unha charla para todos os públicos con motivo da celebración da X edición do Día Nacional da Nutrición co exercicio físico como tema de fondo e sobre a importancia de comer ben. O Día Nacional da Nutrición é unha iniciativa da Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética (FESNAD) en colaboración con outras institucións e con apoio da Industria farmacéutica e alimentaria.

18.00 h
No CSCXM do Ensanche, proxección de 'O tesouro' (1997) dentro do ciclo telefilmes do programa Cinemas Dixitais.

19.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Ángel Brage), VI Certame de Danza Intercentros, organizado pola Concellería de Educación en colaboración coa Asociación Cultural Danza Stellae.

20.00 h
No LSC da Lavacolla, actuación de Grupo Tradicional Contemporáneo (GTC) dentro do programa No Campo de Fóra.

Compartir: