Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 27 de maio

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co presidente da Fundación Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, Teatro Buratini presenta 'Marie e as estrelas'.

18.00 h
No CEIP Quiroga Palacios, charla-café 'Axuda ao estudo: técnicas e recursos' organizada polo Grupo de Encontro para a Educación Conxo-Milladoiro.

21.00 h
No Teatro Principal, Inversa Teatro presenta 'A illa das mulleres loucas' de Afonso Pexegueiro. Con Afonso Pexegueiro, Vanesa Sotelo, María Caprini, e música en directo con Anxo pintos, zanfona, e Quico Comesaña, harpa. .

Compartir: