Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 20 de maio

10.20 h
No IES Antón Fraguas de Fontiñas, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, fai entrega de diplomas ao alumnado do centro que participou no programa de formación en Mediacion Escolar realizado os días 27 e 28 de abril e 3 e 5 de maio. Esta actividade desenvolveuse dentro das actuacións do Programa Municipal de Acción Educativa na Rúa e en colaboración co IES Antón Fraguas co obxectivo de mellorar a convivencia no centro escolar. Participaron arredor de 22 alumnos e alumnas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar a Escola Municipal de Verán de Inglés e a campaña de sensibilización cos nenos celíacos nos centros de ensino.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, para presentar o material divulgativo da Selva Negra.

19.00 h
No Campo de Fóra
Na escalinata do Hospital Psiquiátrico de Conxo, aCentral Folque presenta 'Só de Zanfona' dentro do programa 'No Campo de Fóra'.

21.00 h
No Teatro Principal, A Producións Artísticas s S.L. presenta 'Alicia&Alicia' de Paula Carballeira. Con Gena Baamonde, Anabel Gago, Toni Salgado e Uxia P. Vaello dirixida por Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle.

Compartir: