Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 30 de decembro

10.45 h
Translación 2010
Ofrenda Nacional na Festividade da Translación dos Restos do Apóstolo Santiago. Delegado rexio: Xerardo Conde Roa, alcalde de Santiago.
Desenvolvemento do acto:
11.00 h.- Chegada do delegado rexio á praza do Obradoiro.
Pase de revista
Retirada da bandeira e das tropas
Saúdo de autoridades
11. 20 h.- Formación da comitiva oficial.
Acceso á Catedral e inicio da Misa.
Ao remate da mesma, recepción no Concello na honra do delegado rexio.

18.30 h
CSC CONXO Contacontos todas as idades .

18.30 h
No Teatro Principal, Chrystyan Magic presenta 'Ao ritmo da maxia'
20.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, o concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste ao X aniversario da inauguración do centro.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares no que se estrean as obras gañadoras do IV Concurso de Composición. Dirixe a Banda Xosé Carlos Seráns.

21.30 h
No pavillón municipal das Fontiñas, partido de fútbol sala entre membros da corporación, empresarios da cidade e representantes sociais dentro da campaña solidaria "Operación Quilo: un quilo, un sorriso". Participan os concelleiros Adrián Varela, Albino Vázquez e Luis Bello.

Compartir: