Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 21 de decembro

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día
1. Ratificación da urxencia da convocatoria.
2. Aprobación inicial do Regulamento orgánico e de administración do Concello de Santiago.
3. Modificación da plantilla do persoal municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato Galego de Ciclocross que terá lugar na Granxa do Xesto.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

16.00 h
No Pavillón Deportivo das Fontiñas, o concelleiro de Educación, Ángel Currás, asiste ao Festival de Nadal dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal das Fontiñas.

18.00 h
No Local Social do Viso, obradoiro de caligrafías esquecidas nenos/as
20.00 h
No Auditorio de Galicia, terceira xornada de Corais de Compostela de Nadal. Nesta xornada actuarán as seguintes corais: Coral Amigos de Compostela; Coral Xosé Saramago; Coral Xúbilo; Coral A Ruliña; Coral Coto da Nai; e Coral Castrosúa.

21.00 h
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta 'O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca' de Álvaro Cunqueiro. Con Fernando Dacosta, Tito Asorey, Nate Borrajo, Josito Porto, Sabela Gago, Elena Seijo, Fina Calleja e Suso Díaz. Dirección de Anxeles Cuña Bóveda.

Compartir: