Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 1 de decembro

12.00 h
Na Fundación Novacaixagalicia (rúa do Vilar, 19), o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da exposición "Rubens, Brueghel, Lorena. A paisaxe nórdica no Prado", enmarcada no programa do 800 Aniversario da Catedral de Santiago.

12.00 h
No Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á clausura do XV Congreso estatal de Voluntariado.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Familia, Benestar Social e UMAD, Paula Prado, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Parques e Xardíns, María Castelao, e de Turismo, Reyes Leis, sobre asuntos das súas áreas.

20.00 h
Na Fundación Novacaixagalicia (rúa do Vilar, 19), o alcalde e presidente do Consorcio, Xerardo Conde Roa, inaugura a exposición "Rubens, Brueghel, Lorena. A paisaxe nórdica no Prado", enmarcada no programa do 800 Aniversario da Catedral de Santiago

20.30 h
No Pazo de San Lorenzo, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á Gala de Nadal da Fundación Andrea.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave con Xavier de Maistre (arpa).
Toda a programación de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

Compartir: