Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 15 de novembro

10.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de presentación das conclusións do estudo "Posta en valor do mel: etiquetado nutricional".

11.00 h
Na Confederación de Empresarios de Galicia (rúa do Vilar, 54), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugura o VI Congreso de Compostela Monumental.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e de Jorge Drexler con motivo do premio Cineuropa que Drexler recibe esta mesma noite nunha gala na que dará un concerto. Na rolda estará tamén o director do Festival, José Luis Losa.

16.30 h
Na Escola de Altos Estudos Musicais, conferencia de Juan Carlos Asensio: 'A mirada espiritual da polifonía renacentista'.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, entrega o Premio Cineuropa a Jorge Drexler. A continuación, Drexler ofrece un concerto.

Toda a programación da XXV edición de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

Compartir: