Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 19 de xullo

9.00 h
Saída da Casa das Asociacións. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa na peregrinación pola ruta do Mar de Arousa e Ulla, dentro do programa "Fai o Camiño Connosco", organizado pola Concellería de Participación Cidadá.

19.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega dos premios do II Concurso "Canteiros no Obradoiro", organizado polo Consorcio.

20.00 h
No Eixo, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns. Programa: Ponteareas (pd) de R. Soutullo; Alborada de Celanova de F. Landín; A lenda de Montelongo (escenas galegas) de B. del Río; Airiños Aires (rapsodia galega) de G. Freire; e Brincadeira (muiñeira) de H. Saavedra.

VIVE O VERÁN
11.00h. No parque de Belvís, Sábados no parque con obradoiros e a contacontos Raquel Queizás con "As fabas máxicas"

Compartir: