Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 11 de maio

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar as bases da XV edición do premio Ánxel Casal. Na rolda tamén estará o director xeral de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar a Asociación Galega de Síndrome X Fráxil, AGAXFRA. Na rolda tamén estarán a presidenta e a secretaria da asociación, Teresa García Barcala e Ana Prieto Flórez.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste aos actos de formación e honores que vai celebrar a Real Irmandade de Veteráns das Forzas Armadas e da Garda Civil, con motivo da realización dunha peregrinación por parte da mesma.

19.00 h
En San Francisco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega da XVI edición do Premio de Xornalismo Europeo "Salvador de Madariaga", presidido pola Infanta Dona Cristina.

Compartir: