Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 30 de decembro

11.30 h
Traslación 2010
Ofrenda Nacional na Festividade da Traslación dos Restos do Apóstolo Santiago. Delegado Rexio: Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia.
Desenvolvemento do acto:
11.40 h.- Chegada do Delegado Rexio.
Pase de revista
Retirada da bandeira e das tropas
Saúdo de autoridades
11. 45 h.- Formación da comitiva oficial.
Acceso á Catedral e inicio da santa Misa.
13.15 h.- Finalizada a Misa, o Delegado Rexio e primeiras autoridades acceden á Alcaldía.
Sinatura no libro de Honra da cidade.

17.30 e 19.30 h
No Teatro Principal, Galitoon presentan Basilio, o meu amigo imaxinario.

18.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación inicial do orzamento do concello e cadro de persoal para o ano 2011.
3. Aprobación provisional da modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal en execución da sentenza anulatoria do polígono 42. Cruceiro da Coruña.
4. Aprobación definitiva do plan parcial de ordenación do solo urbanizable delimitado número 7 (SUD-7). Vite de Arriba.
5. Aprobación definitiva da modificación puntual do plan parcial do solo urbanizable programado número 7 (SUP-7) no ámbito do quinteiro 5. Ponte Pedriña II.
6. Aprobación definitiva do estudio de detalle para a construción dun centro de saúde na parcela R-10 do solo urbanizable programado número 4 (SUP-4). Conxo.
7. Ampliación de uso na reserva docente DOC-5. Almáciga.
8. Toma de coñecemento do documento refundido da revisión e adaptación do plan especial de ordenación do Campus (PE-8).
9. Acordo do Pleno constituído en Xunta Xeral de nomeamento de auditor para a empresa municipal Incolsa.
10. Proposición do grupo municipal do Partido Popular para a erradicación do acoso en internet.
11. Proposición do grupo municipal do Partido Popular relativa ao impulso das obras da Praza de Abastos.
12. Comparecencia do concelleiro delegado de infraestruturas, Don Bernardino Rama Seoane.
13. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
14. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
15. Rogos e preguntas.
16. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Banda Sinfónica da Federación galega de Bandas de Música Populares, no que se estrearán as obras gañadoras do III Certame de Composición.

Apalpando as Ilusións
30 decembro_13:00 h_CSC O ENSANCHE_Maxia_TEMPO DE MAXIA_GRAN PEDRINI E O MAGO DA BOINA
16:30 h_CSC A TRISCA_Cine infantil
17:15 h_LSC DE AMIO_Obradoiro_AGASALLOS DO APALPADOR
17:30 h_LSC NEMENZO_Festiva de Nadal_FIN DE ANO, XOGOS E FANTASÍA
17:30 h_LSC DA ROCHA_Obradoiro_XOGAMOS COS PERSOAXES DO NADAL NA REDE
18:00 h_ LSC DE VIDÁN_Obradoiro para nenos/-as_CANTIGAS DE NADAL _ XOGOS_FELICITAMOS O NADAL_LETRAS AO APALPADOR (aula de informática)
18:00 h_CSC VITE_Obradoiro_FIN DE ANO
18:00 h_CSC DE CONXO_Todas as idades_FESTA DO ANO
18:30 h_LSC DE VILLESTRO_Obradoiro_ABALORIOS DE NADAL
19:30 h_LSC DE AMIO_Maxia_IlusiónArte_MAGO MARTTYN
20:00 h_CSC DAS FONTIÑAS_Obradoiro_PERFUMES

Compartir: