Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 21 de decembro

10.00 h
Na sede do Ministerio de Fomento, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de sinatura do convenio de colaboración para a restauración do Pórtico da Gloria e entorno da Catedral de Santiago entre o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e o ministro de Fomento, José Blanco.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Rosa Fernández Somoza, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), (rúa Manuel María, 6, Salgueiriños), a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presenta a exposición fotográfica de inauguración do Programa Urbana Norte.

19.30 h
No Colexio de Fonseca, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "Compostela, un ano de voz 2010".

20.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, proxección de curtametraxes dirixidas a público novo (de 11 a 14 anos) dentro de Curtocircuíto.

Apalpando as Ilusións
17:00 h_LSC DE LARAÑO_TARXETAS DE NADAL
17:00 h_LSC DE SAN LOURENZO_Obradoiro_FELICITAMOS O NADAL POLA REDE (aula de informática)
18:00 h_LSC DE VIDÁN_Obradoiro para nenos/-as_CONTOS DE NADAL
18:00 h_LSC DE AMIO_Teatro_A DANZA DOS INSTRUMENTOS_OS TRES TENEDORES
18:00 h_LSC MARANTES_Obradoiro infantil_ AGASALLOS DO APALPADOR
19:30 h_LSC DA ROCHA_Obradoiro_ARTE FLORAL

Compartir: