Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 16 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE KÁRATE cadete, júnior e Copa Sub-21, que se vai desenvolver na nosa cidade a vindeira fin de semana. Na rolda tamén estarán o presidente da Real Federación Española de Kárate, Antonio Moreno Marqueño, e a presidenta da Federación Galega de Kárate, Carmen Barro Pita.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o Estatístico 2010.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega da XV Edición do Premio Literario Ánxel Casal. O acto contará coa presenza da concelleira de Educación, Mercedes Rosón Ferreiro, e dos membros do xurado.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Casco Histórico e Rehabilitación, Olga Pedreira, para presentar o congreso "Cidade intuída, xeografías urbanas. Compostela, unha visión de futuro".

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Angel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

13.40 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co arcebispo de Sebaste, Theodosius Atallah Hanna.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de presentación do libro "Patrimonio Natural, ciudades Patrimonio de la Humanidad de España", ao que asisten a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos; o coordinador editorial, Henrique Alvarellos e os coautores do capítulo dedicado a Santiago de Compostela, Marilar Aleixandre e Fuco Reyes.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Concerto que a Real Filharmonía de Galicia e Milladoiro ofrecen a beneficio de Proxecto Home e como conclusión dos actos conmemorativos do XX Aniversario desta institución benéfica.(Maximino Zumalave, director; Carlos Méndez, contrabaixo; Milladoiro ).

21.00 h
No Hotel Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega dos premios Manuel Beiras. Asisten Jesús Asorey Carril, presidente da Cámara de Comercio de Santiago, e Guadalupe Rodríguez Silva, concelleira de Participación Cidadá e Normalización Lingüística.

Compartir: