Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 29 de outubro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico Cine e Música da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, e da presidenta da Asociación de Peruanos de Santiago, Estrella Contreras, para presentar o acto que realizarán o sábado na Casa das Asociacións de Cornes.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, o director-xerente do Auditorio, Paulo Rodríguez; e José Luis Losa, director de Cineuropa, para presentar a imaxe e un avance de Cineuropa 2010.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
No Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a reunión da Comisión Executiva da devandita entidade.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h
Na EGAP, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á clausura do IV Encontro Galego de Profesionais do Dereito Concursal.

18.00 h
En San Martiño Pinario, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "Espazos propios" de Cándida Höfer. Posteriormente (20.00 h), visita á Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura).

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel con Joanna MacGregor ao piano
Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal
Teatro Principal
19.00h. Proxección das curtametraxes O ano de Arxelia, O zapateiro e Paseo dentro da Sección Oficial.
20.30h. Proxección do documental Deixando o rosa a un lado dentro da Sección Oficial.
22.30h. Proxección da longametraxe Secretos enterrados dentro da Sección Oficial.

Compartir: