Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 14 de outubro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e de Artur Trillo, director de Talía Teatro, para presentar Volpone, a nova peza da compañía que se estrea o venres no Teatro Principal. Na rolda estará tamén Toño Casais, actor protagonista da obra e Paulo Rodríguez, director-xerente do Auditorio de Galicia.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, Actividades saudables: Conciencia corporal, dentro do Programa do Clube dos Maiores.

19.00 h
No Polígono de Boisaca (rúa María de los Ángeles de la Gándara), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as novas instalacións da Funeraria Apóstol.

20.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no Congreso Nacional de Xuntas de Goberno dos Colexios de Procuradores dos tribunais de España.

20.30 h
Na Fundación Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde), o concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, inaugura ARTencontro 2010.

21.00 h
SCQ Danza
No Teatro Principal, Projects in movement presenta Shakuff e Carlos & Me dirixidas ambas coreografías por Sharon Fridman, enmarcado dentro do ciclo SCQ Danza.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquesta Sinfónica de Navarra (orquestra convidada) dirixida por Ernest Martínez Izquierdo e con Tianwa Yang ao violín.

Compartir: