Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 1 de novembro

17.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, visita as actividades da II Festa da Familia, que organizan a Concellería e o Santiago Futsal.

18.30 h
Na Sala Capitol, concerto Under'18 con Auryn, Xuso Jones, Critika & Saik e Sweet California, enmarcado no ciclo Compostela Rock.

20.00 h
No Teatro Principal, 'A miña primeira Rosalía' (música e poesía) dentro do ciclo Infantil&Familiar.

20.30 h
Na Zona C, Rober Bodegas&Alberto Casado presentan 'Entremeses' (sketches en directo) dentro do ciclo Falabaratos.

Compartir: