Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 1 de febreiro

10.15 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico 'Violeta en Compostela', un conto musical coas alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Lorenzo de los Santos, piano.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municial do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Novas Orquestras de xaneiro a xuño. Estarán tamén na rolda Fernando Briones, director da Orquestra Gaos; Alejandro Sanz, director académico da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia; Rafael Yebra, vicedirector do Conservatorio Superior de Música de Vigo e Enrique Meyer, xefe de estudos da Escola de Altos Estudos Musicais.

20.30 h
En A Regadeira de Adela, microteatro 'O Home Almofada' con Il Maquinario Teatro dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Teatro Principal, estrea absoluta do espectáculo de Rober Bodegas, 'O umbral da estupidez' dentro do ciclo Falabaratos.

Vive o Antroido
17.00h Csc Conxo. "Seres Mitolóxicos". Elaboración de disfraces para a comparsa do Csc de Conxo. Todos os públicos
18,30h LSC Pontepedriña, "Superheroes". Elaboración de disfraces para a comparsa. Todos os públicos
18,30-21,00h Csc do Castiñeiriño, Lego Antroido. Elaboración de disfraces para a comparsa. Todos os publicos
19:00 h Csc Vite, "Superheroes". Elaboración de caretas e complemtos do disfrace para a comparsa de Superheróe. Todos os públicos
19:00 h Csc Ensanche, Elaboración do Meco. Obradoiro para facer o Meco do centro. Adultos
19,00h Lsc Casco Histórico, Máscaras. Obradoiro de máscaras. Nenos/as
18.00h Csc Sta Marta,"Superheroes",Taller de baile canario. Todos os públicos

Cidades Patrimonio e Fitur

10.00 h
No Concello de Alcalá de Henares, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Comisión Executiva de Cidades Patrimonio. Antes (9.30 h), asiste á presentación do vídeo "As cidades patrimonio a través dos ollos dos nenos".

12.00 h
No stand de Renfe en Fitur, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á sinatura do Convenio Marco de colaboración entre RENFE Operadora e o Grupo de Cidades Patrimonio.

13.30 h
No stand de Turespaña, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á sinatura do Convenio entre Instituto de Turismo de España (TURESPAÑA) e o Grupo de Cidades.

14.15 h
No stand de RENFE, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á sinatura do Plan Anual de Actuación 2013 entre Paradores de Turismo e o Grupo de Cidades Patrimonio.

Compartir: