Previsións informativas para o luns 24 de outubro
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal de Compostela Aberta, Xan Duro, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños, para presentar a 10º edición do Salón VO Vehículo de Ocasión, que terá lugar no Recinto Feiral de Amio. Na rolda tamén estarán Fabián Saavedra, xerente de Dolecer Eventos, e Belén Montero, xerente do Recinto Feiral.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
17.30 h
Na praza do Obradoiro, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, recibe os participantes no encontro de bispos das comisións de comunicación de España e Portugal.
19.00 h
No Pazo de Mariñán (Bergondo-A Coruña), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de celebración do 40 aniversario do Estatuto do Ministerio Fiscal.