Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 11 de setembro
11.00 h
No Salón de Actos do edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, asiste ao "Encontro de Expertos: Alzhéimer, HOXE", que terá lugar con motivo do Día Mundial do Alzhéimer 2021.
12.00 h
No Claustro de San Martiño Pinario, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita a Feira de Artesanía de Galicia.