Previsións informativas para o luns 27 de febreiro
11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
11.45 h
No Teatro Principal (escenario), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presenta ‘A cabeza do dragón’ de Producións Teatrais Excéntricas, primeira representación en galego dun texto de Valle-Inclán que teremos no Teatro Principal a partir do 3 de marzo. Faino acompañado do director de AGADIC, Jacobo Sutil; o director da obra, Quico Cadaval; e todo o elenco artístico.
NOTA: Ao remate da rolda, representarán un fragmento da obra.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleira de Igualdade, Marta Lois, e de Deporte, Noa Morales; do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán; do presidente do Santiago Futsal, Ramón García; e do xerente de Cenor, Javier González, para presentar o partido de fútbol sala feminino entre as seleccións galega e catalá.
20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á preestrea do documental sobre o Obradoiro CAB.
FESTAS DO ENTROIDO 2017
12.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 20.00 h. OBRADOIROS DE ENTROIDO:
Creación de Caretas de Peliqueiros.
Xenerais da Ulla: medallas e espadas de cartón e traxe.
Antifaces de animais.
Perrucas tolas.
Entrada libre. As prazas completaranse por orde de chegada.
Pazo de Bendaña.
Praza do Toural.