Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 17 de outubro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

20.15 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, CONvers@ndo con... Paul Daniel, previo ao concerto que ofrecerá ás 21.00h a Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No CSC de Conxo, Xornadas micolóxicas: conferencia impartida por José María Costa Lago, da Asociación Micolóxica Pan de Raposo sobre cogomelos tóxicos e tipos de intoxicación.

20.30 h
Na sala Agustín Magan do centro sociocultural de Santa Marta, pase da película adicada ao xénero do Western, "Johny Guitar" (1954), 110 minutos, dirixida por Nicholas Ray. Presenta a película e conduce o debate de Margárita Ledo Andión (directora e catedrática de Comunicación Audiovisual da USC).

20.30 h
No Salón Teatro, Voadora' presenta 'A tempestade' de William Shakespeare dirixida por Marta Pazos. Dentro do Bono de Teatro Galego.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de LA M.O.D.A. que presenta o seu novo disco '¿Quién nos va a salvar?' e Heavy Tiger, que tamén presenta o seu novo disco 'Saigon Kiss'. Concerto enmarcado no ciclo Compostela Rock.

21.00 h
No Teatro Principal, a compañía Los Lunes presenta 'Cuerdas' de Bárbara Colio, dirixida pola compostelá Fefa Noia dentro do programa de Teatro&Danza. NOTA: Ao remate da función, haberá un encontro aberto co público no que participarán a autora do texto, Bárbara Colio, e os actores do mesmo, David Luque, Quique Fernández e Óscar de la Fuente.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto especial 25ª aniversario do Auditorio de Galicia, coa Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel e con Nicholas Angelich, piano. Interpretan obras de Lutoslawski, Chopin e Sibelius.

Compartir: