Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 28 de setembro

12.15 h
No Salón Verde, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, asinan o acordo de cesión dos terreos de ADIF ao Concello de Santiago para a construción dun parque público en Angrois. Declaracións ao remate.

IX Semana Cultural da Rocha
17.00 h Xogo da chave, inchable e futbolín humano
19.00 h Misa na honra de Santa Eufemia
19.45 h Mostra de danzas do mundo da Escola de Danzas As Feiticeiras: fusión flamenca oriental e Alas de Isis. Sardiñada popular coa actuación do Dúo Marea.

Compartir: