Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 19 de setembro

11.00 h
No Centro Comercial As Cancelas, a concelleira de comercio, Reyes Leis, asiste á presentación da primeira Fashion Night Out do Centro Comercial As Cancelas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Urbanismo e voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión e informará sobre a Comisión informativa de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda e Medio ambiente, que se celebra ás 12.00 h na Capela de Raxoi (Urbanismo).

17.15 h
Na sede da Asociación de Hostalería de Compostela (Salvadas), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste ao obradoiro de coctelería sen alcol para hostaleiros no marco das xornadas "Que che apetece?", organizadas pola Concellería de Área de Servizos Sociais.

20.00 h
Na Fundación Granell, inauguración da exposición "Juan Barreto. En torno a Galicia".

20.00 h
Na Praza da Quintana, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

20.30 h
Na Zona C, estrea de 'Mornings. Guateque global' con Blanca Cendán e Suso Alonso, dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Teatro Principal, Noites de retranca scq2 con Rober Bodegas e Víctor Fábregas, dentro do ciclo Falabaratos.

Compartir: