Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 13 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a segunda etapa da Volta a Galicia, con saída e chegada en Santiago o vindeiro sábado.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar a programación do ciclo Falabaratos do último cuadrimestre do ano.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa en funcións, Amelia González, para presentar o III Festival Internacional Peregrinos Musicais.

20.30 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta (Sala Agustín Magán), o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste á primeira proxección de Compostela Cine Classics 2013: As uvas da ira, de John Ford. A continuación, café con cine co director e guionista Jorge Coira.

21.00 h
No Multiusos Fontes do Sar, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ao partido da 1ª xornada da Liga Nacional de Fútbol Sala entre o Santiago Futsal e o Azkar Lugo.

21.00 h
Na Zona C, concerto de Unicornibot e Camarada Nimoy dentro do ciclo Compostela Rock.

XXVIII SEMANA CULTURAL DE CONXO
17.30 h
Xincana ciclista
18.30 h
De contada con María da Pontragha.
19.30 h
A nena e o grilo. Contos cantados con Magín Blanco, María Faltri e Jorge Juncal.
22.00 h
Proxección de cine de terror no Psiquiátrico de Conxo. Presentación do filme O Apóstolo polo seu director, Fernando Cortizo.

Compartir: