Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 12 de setembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar o ciclo Fegatea Móvete. Asisten tamén o vicepresidente de FEGATEA, José León e o director da compañia de teatro afeccionado DITEA, Alberto Alvarez Escudero.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Blues Nite.

VERÁN NA RÚA
19.30 h
Na Praza da Quintana, a Banda Municipal de Música de Santiago e Títeres Babaluva poñen en escena O Crebanoces, un espectáculo para monicreques dirixido a público familiar. (En caso de mal tempo, no Salón Teatro).

XXVIII SEMANA CULTURAL DE CONXO
PEQUENO FESTIVAL SOLIDARIO (Entrada solidaria 2 euros, ou recollida de produtos para o Banco de Alimentos de Conxo:
18.30 h
Grupo Infantil de Teatro do Centro Sociocultural de Conxo: Os antollos de Margarida, de Fina Casalderrei. Dirixe Edita A. Silva.
19.30 h
Fonki en concerto, con Carme e Pepe Sendón.
21.00 h
Chumpá Teatro (Cuntis): Cuntis Ville. Dirixe Fran Rei.

Compartir: