Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 2 de agosto

11.00 h
No Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, clausura o curso de carretillero que se veu realizando alí e entrega os diplomas aos participantes.

11.45 h
A alcaldesa en funcións, Reyes Leis; a concelleira de Cidade Histórica, María Pardo, e a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón, visitan as obras de restauración do monumento a San Francisco obra de Francisco Asorey. Punto de encontro: escalinata de San Francisco, ao carón da escultura.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa en funcións, Reyes Leis, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: