Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 14 de agosto

10.30 h
No Salón Vermello, sinatura do convenio para a celebración do partido internacional de baloncesto entre España e Macedonia, que se celebrará o martes 20 de agosto no Multiusos Fontes do Sar. Participan o alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Turismo, Reyes Leis; o presidente da Federación Española de Baloncesto, José Luis Sáez; e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro da Brigada de Vías e Obras e Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, a vicevoceira da Xunta de Goberno Local, María Castelao, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

VERAN NA RÚA
19.30 h
En San Martiño Pinario, PABLO GOOD IDEA: Pablo Superstar Cool. Castilla-La Mancha. Maxia cómica. + 4 anos. (En caso de mal tempo, no Teatro Principal)

Compartir: