Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 12 de agosto

11.00 h
No Centro Sociocultural da Trisca, a concelleira de Benestar Social e Educación, María Castelao, visita os participantes no programa Alternativa Activa: Apoio ao estudo no verán 2013.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro da Brigada de Vías e Obras e Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, acompañado de representantes da Asociación de Veciños de Guadalupe, sobre as obras previstas neste barrio.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, sobre a convocatoria de axudas a asociacións veciñais.

VERÁN NA RÚA
19.30 h
Na praza da Quintana, TITEREFICCIÓS: Cantos, contos, contas. Galicia. Titeres.

Compartir: