Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 5 de xullo

Venres 5

2.30 h
Chegada ao Aeroporto de Lavacolla do primeiro avión procedente dos campanentos do Tindouf con nenos saharauís que pasarán o verán en Galicia dentro do programa "Vacacións en paz". Recíbenos as concelleiras Rebeca Domínguez e María Castelao.

11.00 h
Nas hortas de Fontiñas, dentro do Programa de conciliación do Verán 2013, os nenos e nenas participantes van realizar unha saída aos novos hortos de Fontiñas para realizar una plantación ecolóxica de leitugas, tomates e herbas aromáticas nunha das parcela. Horario:
10.00: saída do CEIP AS Fontiñas
11.00: plantación.
12.00. xogos no parque
13.00 regreso

11.00 h
O concelleiro de Medio Rural, Francisco Noya, visita a parroquia de Verdía coa asociación de veciños para falar sobre a reforma da unitaria.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Emprego, Reyes Leis, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os participantes nos X Xogos do Eixo Atlántico.

18.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de recoñecemento aos estudantes que acadaron os mellores expedientes dos centros de ensino medio de Galicia.

20.00 h
No salón nobre do Colexio Fonseca, a concelleira María Pardo asiste ao acto solemne de entrega de diplomas aos licenciados da promoción 2011-2013 da Escola de práctica xurídica de Santiago.

20.30 h
No Teatro Principal, inauguración do Festival Via Stellae a cargo da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave. Un programa que inclúe obras de Bach, Mozart e Haydn.

Compartir: