Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 4 de xullo

9.00 h
No Cersia, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, saúda aos membros do Comité de dirección do proxecto Keyfora.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para facer balance do programa "San Pedro para vivir. San Pedro para traballar".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, para presentar o Programa de voluntariado ambiental na carballeira de Tarrío.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibe á delegación do proxecto europeo Keyfora.

18.00 h
No CSC de Santa Marta, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, participa no obradoiro "Medrar en familia", dentro de Vive o Verán. Trátase dun obradoiro para bebés de 6 a 36 meses, piloto en Vive o Nadal e con moito éxito. Vaise facer en seis centros socioculturais, así como tamén unha obra de teatro para bebés noutros dous centros.

19.00 h
No Centro Xuvenil do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, reúnese cos pais que apuntaron aos nenos e nenas ao Campamento de verán de inglés e surf.

19.20 h
En Sar (Hello Cooking), a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participa no obradoiro de cociña de verán que organiza a Concellería en colaboración con Hello Cooking.

Compartir: