Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 19 de xullo

9.30 h
No edificio Cersia (San Lázaro), o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co reitor da USC, Juan Casares, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, inaugura a "Xornada de presentación local do proxecto europeo PLEEC".

10.00 h
En Carnota, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, visita o Campamento english surf camp, organizado pola Concellería.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Na alameda, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visita a actividade de Xogos tradicionais, dentro do programa de Vive o verán.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
As concelleiras Reyes Leis e María Pardo reúnense con representantes da asociación de veciños do Carme de Abaixo. Punto de encontro: parque ao lado da igrexa.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar o espectáculo dos Fogos do Apóstolo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, xunto coa directora do Refuxio de Animais, Paloma Aguirre, sobre asuntos do Refuxio.

21.00 h
Na Igrexa da Universidade, clausura do Festival Via Stellae 2013 a cargo do grupo de percusión Tak-Nara 2.0, un espectáculo no que os instrumentos de percusión serven de instrumento de difusión da creación musical contemporánea, en colaboración co FIP (Festival Internacional de Percusión).

Compartir: