Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 16 de xullo

9.30 h
No Castelo da Rocha Forte, a concelleira de Urbanismo, María Pardo, asina a acta de replanteo para o inicio das obras.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar o programa das Festas do Apóstolo 2013.

12.00 h
No Reitorado, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asina co reitor da USC, Juan Casares, o convenio de colaboración para o acceso público ao xardín do Pazo de Fonseca.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
En Carballal, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participa na primeira xornada de recuperación da carballeira de Tarrío, dentro do programa de voluntariado ambiental.

19.30 h
No Paraninfo da Universidade (facultade de Xeografía e Historia), Mercedes Hernández (soprano) e Fernando Reyes (tiorba e guitarra) homenaxean, no Via Stellae, a Rosalía de Castro con motivo dos 150 anos da primeira edición de 'Cantares Gallegos'. Coplas, romances, alalás, cantos de pandeiro, de berce, de cego, de romaxe, muiñeiras..: o canto do pobo transfigurado en canto poético.

21.30 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en colaboración co Festival Internacional de Percusión, concerto do Grupo Residente de Percusión do FIP, unha homenaxe a compositores que traballaron desde a matriz rítmica. A percusión no Via Stellae.

Compartir: