Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 3 de xuño

9.00 h
Visita oficial a Galicia do presidente da República Oriental do Uruguai, José Mujica Cordano.
Programa:
9.00 h.- Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese en audiencia co presidente da República Oriental do Urugay, que asinará no Libro de Honra do Concello.
9.15 h.- No Salón Vermello, saúdo á Corporación e breves palabras
9.30 h.- Na rúa Fonte dos Concheiros, inauguración da Praza República Oriental do Uruguai e busto de D.José Gervasio Artigas. Asisten o alcalde, Ángel Currás, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
(Axúntase plano) Haberá un vehículo para o desprazamento dos medios.

10.00 h
No Cersia, reunión dos 19 concellos da Área Santiago.

12.00 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, ROLDA DE PRENSA para presentar as Xornadas de Música Cotemporánea. O acto contará coa presenza de Ángel Currás (alcalde de Santiago), Jesús Vázquez Abad (conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia) Miguel Ángel Recio (director xeral do Instituto Nacional das Artes Escénicas y la Música, INAEM), Antonio del Moral (director do Centro Nacional de Difusión Musical, CNDM), Francisco Ramón Durán Villa (vicerreitor de estudantes, cultura e formación continua da USC), María Antón (xerente do Consorcio de Santiago de Compostela), Beatríz González Loroño (directora - xerente da Fundación Cidade da Cultura), Andrés Lacasa (xerente do Consorcio para Promoción da Música de A Coruña), Miguel von Hafe (director do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC) e José Victor Carou (director-xerente do Auditorio de Galicia).

Todo o día
No Teatro Principal, I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago.

Compartir: