Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 28 de xuño

9.00 h
Na sala de xuntas da Consellería de Cultura, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á reunión do padroado da Fundación Cidade da Cultura.

10.00 h
No EGAP, o concelleiro Juan de la Fuente asiste á Xornada Técnica sobre puntos limpos organizada pola Concellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

11.00 h
Na Escola Infantil municipal de Meixonfrío-Salgueiriños, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste á xornada práctica de educación viaria na que participarán arredor de 100 nenos/as de 2-3 anos das tres escolas infantís municipais: Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a Gala de Patinaxe Artístico do Club Campus Stellae e as equipacións dos participantes nos xogos do Eixo Atlántico.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de entrega das Medallas Castelao 2013.

19.00 h
Na nova sede do Museo das Peregrinacións, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, xunto coa xerente do Consorcio, María Antón, presentan a aplicación informática do proxecto Muralla de Santiago de Compostela.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á entrega de trofeos da Asociación de Clubes Galegos de Fútbol temporada 2012/2013.

20.30 h
Na Zona C, performance e acción de Antón Lopo. Palabra e luz. Corpo e poesía. Espazo e atmósfera, en Teatro&Danza.

21.00 h
No CSC de Bando, os concelleiros Francisco Noya e María Castelao asisten á clausura dos cursos de formación organizados pola asociación de veciños.

21.00 h
No Teatro Principal, Mofa e Befa presentan 'Románticos' un espectáculo para gozar en parella como óptimo preludio dunha noite romántica!, en Teatro&Danza.

Compartir: